Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello saca a contratación o novo aparcamento de Bastiagueiro

 Oleiros, 22 de novembro de 2021-. O Concello de Oleiros ten aberta a licitación das obras de creación dun aparcamento público nos terreos municipais existentes entre o estadio do INEF, a nova pista de patinaxe de velocidade e o aparcamento da pista de skate, na marxe dereita da avenida Ernesto Che Guevara dirección Santa Cruz. O investimento nesta actuación é de 453.000 euros.

 
Con esta obra está previsto ordenar toda esta zona, dotándoa de árbores e creando 179 novas prazas de estacionamento, das que 10 quedarán reservadas para persoas con diversidade funcional. Está previsto que as obras comecen o primeiro trimestre do vindeiro ano 2022.
back link