Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello rematará o teito da casa principal da Finca Tenreiro

Oleiros, 15 de xuño de 2018-. O Concello de Oleiros completará os traballos iniciados por parte do alumnado do obradoiro de emprego na cuberta do edificio principal da Finca Tenreiro. Está previsto que durante os vindeiros días sexa colocada a tella que permitirá finalizar definitivamente o teito do inmoble.

O Concello solicitará á Xunta de Galicia un novo obradoiro de emprego para rematar o interior deste inmoble municipal. A intención do Goberno local é destinar esta propiedade pública á realización de campamentos para nenos e nenas.

 

back link