Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello rehabilitará o edificio das antigas escolas de Río da Loba

Oleiros, 13 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros iniciou os trámites para a contratación das obras de mellora do edificio das antigas escolas de Río da Loba que utilizan a Agrupación Folclórica Folliñas e a Asociación de Amas de Casa. O investimento que se vai realizar ascende a 56.000 euros.

As obras de mellora inclúen o cambio de portas e fiestras, o pintado do edificio, a renovación da cuberta e dos canlóns, así como a realización dunha nova división interna.
 

back link