Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello reclama novamente pasos de peóns á Xunta en Dorneda e Mera

Tras reiteradas demandas por parte do Concello, a Xunta procederá a asfaltar a estrada xeral entre Santa Cruz e Mera. Aproveitando o repintado e os cambios de sinalización vertical anunciados, o Goberno municipal demanda por enésima vez que se aproveite a ocasión para habilitar os pasos de peóns necesarios en Cabreira, Breixo, Lourido e O Couto e se reduzan as velocidades máximas. 

Trataríase dunha actuación moi sinxela, polo que non se entendería que a Xunta non atendese esta demanda veciñal. Ademais dos pasos de peóns, é necesario reducir a velocidade máxima, actualmente en 70 km/h en moitos tramos, nunha estrada na que se suceden os núcleos urbanos.

As únicas medidas reais e efectivas adoptadas nesta estrada autonómica para mellorar a seguridade viaria realizounas directamente o Concello, ante a inacción da Xunta. Así é que todas as beirarrúas e carrís bicis existentes foron creados polo Concello, grazas á colaboración veciñal. 
 

back link