Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello reclama máis dilixencia á Deputación para as obras de ampliación de Casares Quiroga

O pasado 7 de decembro a Deputación da Coruña formalizou o contrato das obras de ampliación da rúa Casares Quiroga, á altura do Pazo de Lóngora. Incomprensiblemente, a obra segue sen comezar a día de hoxe porque Fenosa non retira uns postes.

“A Deputación tense que poñer as pilas e reclamar os seus dereitos. É unha zona perigosa para o tráfico e os peóns, que se conseguiu contratar e que non pode esperar xa máis tempo”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

back link