Para garantir provisionalmente a seguridade, procedeuse a valar a zona para impedir o paso na zona con maior risco de derrubamento. En caso de que Costas non actúe coa axilidade que a situación require, o Concello acometería a obra e reclamaría os gastos correspondentes ao Estado por non tratarse dunha actuación de competencia municipal.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
Como consecuencia dos fortes e persistentes temporais das últimas anos, quedou destruído o muro construído polo Concello no 1987 en Naval e produciuse un importante desprendemento de terra. Urxe realizar unha obra que asegura o terreo, para o que o Concello elaborou un informe solicitando a Costas que actúe de inmediato.