No caso de que por cuestións burocráticas a Xunta non poida realizar a obra xa, o Concello estaría disposto a executala. Sempre e cando, a Consellería de Educación pague posteriormente.
A actual canalización está fortemente deteriorada debido ás raíces de varias árbores. Os días de chuvia ou de humidade elevada prodúcense diversas incidencias que ocasionan perdas de electricidade, cos conseguintes inconvenientes.
Por seguridade e por necesidades de funcionamento do centro e do pavillón, está situación non se pode prolongar durante máis tempo.