Oleiros, 10 de agosto de 2022-. Do 22 de agosto ao 2 de setembro, de luns a venres, entre as 10:00 e as 12:00 horas, o Concello organizará un curso de fotografía e edición dixital na Casa da Mocidade Portaberta. É unha actividade gratuíta dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.
As persoas interesadas en participar poden anotarse chamando ao 981 614 083 / 981 977 944 ou cubrindo o seguinte formulario.