O obxectivo é ofrecer a toda a cidadanía unha publicación na que, de forma ordenada e clasificada por sectores, se recollan todo tipo de servizos, oficios e actividades económicas existentes en Oleiros.
Calquera empresa, negocio ou profesional que desexe aparecer nesta publicación pode poñerse en contacto co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo dos Regos para proporcionar os seus datos.