Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello proporcionará leña gratuíta nas praias para o San Xoán

A noite de San Xoán, o Concello porá leña a disposición da veciñanza nas praias gratuitamente. Desta maneira pretende evitarse a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias.


A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.

Tanto na praia como noutro lugar, é obrigatorio solicitar autorización para realizar unha fogueira. Pode facerse de maneira dixital a través da Sede electrónica ou de forma presencial no Rexistro da Casa do Concello, en ambos casos o prazo finaliza o día 22 de xuño.

SOLICITUDES E NORMAS
 

back link