Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello promocionará a Feira do Mel no Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”

O Concello de Oleiros acudirá a promocionar a XXXIV Feira do Mel ao 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará nas instalacións de Expourense (Ourense) do 24 ao 27 de outubro.

Do 24 ao 27 de outubro celebrarase en Ourense “Xantar”, o 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico no que participará o Concello para promocionar a XXXIV edición da Feira do Mel que terá lugar o vindeiro domingo 3 de novembro na polideportiva cuberta da II República en Perillo. 

Durante os catro días que dura a feira, o Concello estará presente informando sobre os atractivos turísticos do municipio. Ademais realizaranse degustacións de mel nas que participará un apicultor dos que logo virán á feira do mel. Asistirán 4 apicultores, un por día, que amosarán os seus produtos.

O sábado 26 de outubro farase unha pequena degustación de produtos elaborados pola docente e alumnado do curso de cociña do CMF Isaac Díaz Pardo, na que o mel terá un importante papel.

back link