Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello prepara un novo intercambio cultural de xente nova con Buccino

Oleiros, 27 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros está a ultimar un intercambio cultural para a mocidade coa cidade italiana de Buccino. Un grupo de entre 35 e 40 rapaces e rapazas de Oleiros, maiores de 18 anos, poderán participar nesta actividade.

O Goberno local está a estudar as diferentes posibilidades para o desprazamento. O aloxamento sería nas casas das mozas e mozos italianos, que no momento de vir a Oleiros durmirían nas vivendas da rapazada de aquí.

Este non sería o primeiro intercambio xuvenil entre Oleiros e Buccino. Noutras dúas anteriores ocasións xa se realizou esta iniciativa. “Eu quero que os mozos de Oleiros se intercambien con outros rapaces de Europa, que teñan as súas vivencias. O viaxar sempre ilustra e é moi gratificante”, comentou o alcalde.

 

back link