Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello porá orde nas praias de Bastiagueiro e Santa Cristina para garantir a seguridade dos

Oleiros, 18 de febreiro de 2016-. As actividades deportivas lucrativas nada teñen que ver coa libre práctica deportiva en espazos abertos ou praias. En Oleiros son miles as persoas e sociedades do municipio que practican deportes en pavillóns, polideportivas, canchas de tenis, campos de fútbol e demais instalacións públicas sen pagar ningunha taxa.

No caso dos areais de Bastiagueiro e Santa Cristina, as peñas veñen empregando estas praias sen pagar ningún canon. Igual que os centos de surfistas que gozan durante todo o ano, principalmente, da praia de Bastiagueiro. Por tanto, nada que obxectar á actividade deportiva libre.
A normativa que se crea para actividades náuticas lucrativas de entidades particulares pretende poñer en orde e mellorar a seguridade dos areais na tempada de verán. Dada a proliferación de “empresas” con ánimo de lucro que campan ás súas anchas pola praia creando serios riscos de accidentes aos miles de bañistas que queren gozar das praias.

A seguridade nas praias é competencia dos concellos. Estimamos que Costas, que non limpa as praias nin vela pola seguridade das persoas –gastos que asume o Concello- non debería cobrar nada. Respecto ás medidas de presión, as entidades e as persoas que se lucran coas actividades que organizan deberían comezar por declarar o que gañan e legalizarse como empresas.

 

back link