Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello porá a disposición da Xunta o solo preciso para construír as beirarrúas entre Montro

Oleiros, 03 de xaneiro de 2016-. O Goberno local ultimou as cesións do solo preciso para a construción de beirarrúas entre Montrove e Oleiros. O Concello entregaralle agora os terreos á Xunta de Galicia para que aborde de xeito inmediato unha obra que anunciou hai meses.

Coa xestión realizada por parte do Goberno municipal, o Concello facilitaralle á Xunta de Galicia a realización do proxecto que presentaron e que contempla a creación de beirarrúas e carril bici entre Montrove e As Pedreiras e As Pedreiras e o Colexio Cristo Rey. O Concello de Oleiros, grazas á colaboración dos propietarios, pretende axilizar o inicio dunha obra moi importante destinada garantir a seguridade viaria dun importante número de veciños que teñen que transitar por unha estrada que conta cun elevado volume de circulación.
 

back link