Oleiros, 9 de decembro de 2021-. O Concello de Oleiros está a colaborar nun proxecto da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte para avaliar o nivel de actividade física e os estilos de vida dos nenos/as e adolescentes do municipio. O estudo consiste na elaboración de varios cuestionarios específicos, que realizarán as familias e os rapaces e rapazas, dos que se extraerán conclusións de base científica para poder diagnosticar o estado actual da poboación escolar e poder determinar posteriores estratexias de programación deportiva.