Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza unha visita guiada á exposición de Peter Lindbergh

 Oleiros, 26 de xaneiro de 2022-. O venres 25 de febreiro o Concello de Oleiros vai organizar unha visita guiada á exposición Peter Lindbergh. Untold Stories. A vindeira semana abrirase o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas en participar.

 
A mostra atópase no peirao de Baterías do Porto da Coruña e é a primeira exposición en España deste fotógrafo. Peter Lindbergh. Untold Stories foi comisariada polo propio autor pouco antes da súa morte e conta con máis de 150 imaxes tomadas ao longo da súa carreira.
back link