Oleiros, 31 de agosto de 2018-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 22 de setembro unha ruta de sendeirismo polo Canón do Sil. As persoas participantes, ademais da camiñada, visitarán unha adega da denominación de orixe Ribeira Sacra.
A ruta comprende o paso entre outros lugares polo ZEC Canón do Sil; Parada de Sil e praza do Barquilleiro; Miradoiro “Balcóns de Madrid”; Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e Aldea de Chamoso. A distancia a percorrer é de 18 km e está cualificada como de dificultade media.
Ofértanse 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. O prezo é de 22 euros.
Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico
cultura@oleiros.org.