Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza unha excursión pola Costa da Morte o 17 de xuño

Oleiros, 26 de maio de 2017-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 17 de xuño unha ruta pola Costa da Morte, desde Laxe ata Camelle, na que se visitará o Museo de Man, entre outras cousas. O luns abre o prazo de inscrición para as 40 prazas que se ofertan, ás que terán preferencia de acceso as persoas empadroadas no municipio.

O programa comprende un percorrido a pé desde o Porto de Laxe, pasando por punta e faro da Insua, Casa dos Arcos, areal de Soesto, lagoa e praia de Traba, porto de Arou, e visita guiada á colección e ao Museo de Man. A distancia a completar é de 19,5 km e a ruta está cualificada como de dificultade media-baixa.

A excursión está pensada para un público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados dunha persoa adulta. O prezo é de 18 euros para empadroados e de 23 euros non empadroados.

Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono -981 636 598- ou do correo electrónico -
cultura@oleiros.org-.

back link