Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza unha excursión para percorrer o tramo final do Camiño de Santiago

Oleiros, 3 de abril de 2018-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 21 de abril unha ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago, no tramo que vai desde Arca, no Pino, ata Santiago. O prazo de inscrición ábrese mañá martes 4 de abril e ofértanse un total de 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

A  ruta comprende a saída de Arca e paso polo Pedrouzo, Capela de San Antón e Amenal, Lavacolla e Monte do Gozo. A entrada do camiño á cidade de Santiago de Compostela e o tramo urbano realizarase con guía e visitarase o Museo das Peregrinacións na Praza de Praterías. A distancia total é de 20 quilómetros e está cualificada como de dificultade baixa.

A excursión está pensada para maiores de idade e o prezo é de 22 euros. Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono -981 636 598- ou do correo electrónico -cultura@oleiros.org-.
 

back link