Oleiros, 11 de febreiro de 2021-. O programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza regresa o mes de marzo con novas excursións. A primeira das saídas está programada para o sábado día 5 e inclúe unha ruta de sendeirismo e as visitas ao Monumento Natural da Fraga de Catasós e ao Museo Etnográfico Casa do Patrón.
A ruta a pé será circular con inicio e fin en Codesedo (Lalín) pasando polo Castro de Doade, a Igrexa de San Xoán de Vilanova, a Área Recreativa de Mouriscade. A distancia a percorrer é de 13 km e está cualificada como de dificultade media-baixa.
A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. Para inscribirse é preciso cubrir un formulario na web do Concello a partir do mércores 15 de febreiro ás 10:00 horas. Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.