Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza unha excursión ás fragas da Pontenova o 27 de maio

Oleiros, 5 de maio de 2017-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 27 de maio unha ruta pola zona da Fonsagrada na que se visitarán as fragas da Pontenova. O luns abre o prazo de inscrición para as 40 prazas que se ofertan, ás que terán preferencia de acceso as persoas empadroadas no municipio.

O programa comprende o paso polos Fornos de Vilaudriz Pontenova, intervención artística ao aire libre en Sanxés, A Seimeira, fraga da Reigadas, fervenza do Pozo da Chamosa, Vilarxubín, bosque de ribeira, muíño e fervenza da Seimeira,  ZEC Carballido e ZEC Río Eo,  Ferrería de Bogo. A distancia a completar é de 16 km e a ruta está cualificada como de dificultade media.

A excursión está pensada para un público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados dunha persoa adulta. O prezo é de 18 euros para empadroados e de 23 euros non empadroados.

Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono -981 636 598- ou do correo electrónico -
cultura@oleiros.org-.

back link