A charla será no Auditorio da Fábrica en Santa Cristina o xoves 23 de abril ás 11:00h e está aberta a toda a poboación de Oleiros interesada en ter información acerca das condicións, requisitos e documentación necesaria para solicitar a súa regularización neste proceso.
Tamén se informará de como solicitar o informe de vulnerabilidade, que emitirán os Servizos Sociais Comunitarios de Oleiros no suposto de ser necesario, e das ONGs do entorno que participan neste proceso como entidades colaboradoras.
As persoas asistentes poderán consultar as dúbidas que teña en relación a este proceso e, ademais da asesora xurídica que impartirá a charla, estará presente parte do equipo dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros para informar daquelas cuestións nas que sexa precisa a súa participación.
Para mais información poden consultar a web habilitada polo Goberno de España para este tema https://www.inclusion.gob.es/regularizacion ou contactar cos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros nas súas oficinas de Oleiros e de Perillo, a través do enderezo electrónico s.sociais@oleiros.org ou do teléfono de atención ao veciño 981610000.
Este proceso ten especial importancia para moitas persoas que a día de hoxe son veciñas de Oleiros, tanto adultas como moitas nenas e nenos, que desta forma poderán ter acceso a unha vida mais digna e sen os obstáculos da situación administrativa na que se atopan na actualidade.