Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza un obradoiro de porcelana nas Torres de Santa Cruz

Imagen O Concello organiza un obradoiro de porcelana nas Torres de Santa Cruz

O museo Os Oleiros organiza unha nova actividade de olería: obradoiro de porcelana os días 11, 18 e 25 de abril.

A porcelana é un dos materiais máis valorados dentro do mundo da cerámica e tamén un dos máis difíciles de traballar. O obxectivo deste obradoiro é achegar ao público xeral os trucos para dominar este material.

A actividade será dirixida polA ceramista Carmen Piñón.

O obradoiros desenvolverase na escola Municipal de Olería (As Torres) en tres xornadas 11, 18 e 25 de abril en dúas quendas:
 - 1ª quenda (de 16.00 a 18.30 h):  INSCRICIÓN

- 2ª quenda (de 18.30 a 20.00 h): INSCRICIÓN
 

A actividade está dirixida a persoas maiores de 14 anos empadroadas no Concello de Oleiros e o prazo de inscrición é do 10 ao 26 de marzo. O 27 de marzo realizarase o sorteo de prazas ás 10:00 horas.