Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza tertulias litearias nas bibliotecas de Rialeda, Santa Cruz, Oleiros e Mera

O Concello de Oleiros retoma a organización das tertulias literarias nas bibliotecas. En total serán 8 grupos cun total de 140 prazas, nas bibliotecas Central (Rialeda), Santa Cruz, Mera e Oleiros. As persoas interesadas poden inscribirse entre o luns 21 e o venres 25 de setembro.

Nestas tertulias coméntanse obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado no período que abarca desde outubro ata xuño. O programa ofrece sesións quincenais, na Central Rialeda e Santa Cruz, ou mensuais, en Santa Cruz, Mera e Oleiros. Hai horarios de mañás ou tardes para adaptarse a todo tipo de público. A actividade diríxese a persoas maiores de 18 anos.

Poden realizarse as inscricións a través da web municipal e recibir máis información nas propias bibliotecas públicas da rede municipal. As persoas solicitantes que non obteñan praza inicialmente pasarán a formar parte dunha lista de agarda por se existen renuncias ou vacantes posteriores.
 

back link