Oleiros, 25 de setembro de 2020-. O Concello programa rutas para as persoas maiores de 60 anos que formaron parte da última edición do sendeirismo de “Ven e descubre” para reencontrase coa historia e a natureza de Oleiros nesta “nova normalidade” chea de incertezas, na que temos que continuar a convivir e gozar da vida. As rutas estarán guiadas por un equipo de profesionais expertos en educación ambiental, interpretación do patrimonio e animación sociocultural, para percorrer os camiños de Oleiros seguindo as pegadas da historia, a pintura, a música e persoeiros relevantes vinculados/as co municipio.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
A primeira das rutas será o 9 outubro e as persoas participantes descubrirán o municipio a través das obras de pintores que plasmaron a paisaxe de Oleiros. A segunda excursión será o 16 de outubro e permitirá seguir a historia dos corsarios e a súa relación coa orixe do castelo de Santa Cruz.
As saídas contarán cun estrito protocolo para asegurar o cumprimento de todas as medidas de prevención ante o COVID 19 e poder realizar unha actividade segura.
As inscricións realizaranse os días 1 e 2 Outubro a través do teléfono 981 610 000 en horario de 16:00 a 20:00 horas.