Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza o domingo unha xornada con parkour, workoutpark, freestyle football, graffi

 Oleiros, 28 de decembro de 2020-. Este domingo 3 de xaneiro, de 16 a 20 horas, a pista polideportiva da II República, en Perillo, acollerá unha xornada de cultura urbana gratuíta e aberta a toda a mocidade de Oleiros. Este evento, organizado en colaboración coa Asociación Vella Escola, contará con zonas e obradoiros de parkour, workoutpark, freestyle football, graffiti, beat box, dj e danza urbana. Tamén haberá unha pista de baile e unha cabina móbil con sesión de música urbana durante toda a xornada.

 
Todos aqueles rapaces e rapazas que queiran aproveitar a xornada para facer unha demostración da súa música ou das súas coreografías contan con estas instalacións á súa disposición a longo da tarde. Durante todo o evento aplicarase un protocolo anti-covid específico co fin de que todo o que o desexe poida desfrutar das distintas actividades con total seguridade.
back link