Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza campamentos para nenos e nenas durante o Nadal

Os nenos e nenas de entre 3 e 11 anos teñen a posibilidade de participar os días 22, 23, 24 e 29, 30 e 31 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas no Albergue municipal da Finca Tenreiro, en Nós. O obxectivo deste campamento é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais e tamén fomentar os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.


O prazo de preinscrición abre do luns 24 de novembro ao 2 de decembro a través da web municipal. Se houbese máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo público na Fábrica.

Trátanse de campamentos de tres días onde os nenos e nenas a través de actividades dinámicas e educativas, aprenderán de forma lúdica en contacto coa natureza e co medio, traballaremos na súa autonomía persoal e na adquisición de hábitos saudables. Neste sentido, levaranse a cabo obradoiros ao aire libre, horta ecolóxica, itinerarios e xogos tradicionais e sobre todo grandes xogos de animación.


MÁIS INFORMACIÓN e PREINSCRICIÓNS:https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2141087

 

back link