Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello ofrece 13 espectáculos culturais para os vindeiros meses

 Oleiros, 27 de xaneiro de 2020-. A programación cultural do Concello de Oleiros para os meses de inverno e primavera comeza este sábado día 1 de febreiro co concerto de Son Trío no auditorio da Fábrica. Este será o primeiro dos espectáculos culturais previstos ata o mes de maio.

 
En canto a concertos, o ciclo Voces cálidas para noites de inverno, que neste 2020 chega á súa sétima edición, contará coa presenza de Son Trío, César de Centi, Tanxugueiras, Raquel Capote e Rebeca Jiménez. A Fábrica tamén acollerá en abril o Festival “Elas Son artistas” que ofrecerá a oportunidade de escoitar a TéCanela.
 
A programación teatral mesturará espectáculos de teatro e danza. Polo
Auditorio Gabriel García Márquez de Mera pasarán compañías como Malasombra
Produccións, ButacaZero, La Macana ou Teatro do Atlántico. Ademais, o sábado 4 de abril, o Grupo Estable de Teatro do Concello de Oleiros representará a súa última creación, “Breves diálogos sobre o amor”.
 
A programación cultural do Concello de Oleiros conta coa colaboración da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.
 
back link