Oleiros, 11 de decembro de 2018-. A Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Oleiros unha subvención de 202.282,80 euros para a realización de cursos de formación para persoas en situación de desemprego. En total ofertaranse 4 programas formativos que comezarán no mes de xaneiro.
Os cursos que se van impartir son os seguintes: cociña, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería
As clases vanse impartir nos Centros Municipais de Formación Isaac Díaz Pardo e A Carballeira. Para poder participar nos cursos é necesario estar inscrito como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia. As persoas interesadas deben contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo: rúa dos Regos 24, 981 610 319 e cmf@oleiros.org.