Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello oferta 3 obradoiros do programa Familias inquedas no último trimestre do ano

 Oleiros, 28 de setembro de 2022-. O programa municipal Familias Inquedas continúa este outono cos obradoiros “Falemos de educación sexual”, “Acompañando na adolescencia” e “Educa Bonito”, dirixidos a todas as familias veciñas de Oleiros con fillos e fillas menores de idade. 

Todos estes obradoiros contarán con profesionais expertas en cada temática que asesorarán, orientarán e guiarán as nais e pais, a través de metodoloxías participativas e dinámicas, no proceso de crianza e educación no ámbito familiar. O obxectivo é dobre: contribuír a un mellor desenvolvemento dos rapaces e rapazas, con maior seguridade e autonomía, así como previr os conflitos contribuíndo a un maior benestar en todos os fogares.
 
A empatía e a consciencia do lugar e da posición que cada persoa ocupa dentro das dinámicas familiares é o punto de partida destes obradoiros, de carácter eminentemente práctico, no que todas as persoas participantes poderán formular preguntas e compartir inquedanzas e experiencias.
 
Todos estes obradoiros son totalmente gratuítos e vanse desenvolver a partir da primeira semana de outubro. Nas próximas semanas irán abríndose as inscricións para cada un destes obradoiros, xa que cada un ten unha duración, un formato e unhas datas de celebración distintas. 
 
Serán obradoiros presenciais cun límite de 15 prazas cada un deles e todos eles vanse desenvolver nas instalacións municipais de Villa Echeverry, en Perillo.
back link