Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello non ten competencias para actuar nos desprendementos do Xunqueiro

 Oleiros, 18 de maio de 2021-. As leis do Estado establecen que os concellos non teñen competencias para poder actuar na costa. Polo tanto, é a administración central a que debe arranxar os desprendementos producidos na zona do Xunqueiro, en Mera.

 
“Os concellos non temos competencia ningunha na costa. Hai que lembrarlles a aqueles que se esquecen disto que no caso do Xunqueiro é o Goberno do Estado o que ten que resolver o grave problema que existe. A Dirección Xeral de Costas ten que deixar de botarlle o bulto ao Concello e asumir a súa responsabilidade, porque o Concello non pode actuar. Houbo dous desprendementos, un que pon en risco a estrada e outro que esmagou as lanchas que estaban na baixada cara o mar e a situación xa non admite máis demora”, dixo o alcalde Ángel García Seoane. 
back link