Oleiros, 14 de xuño de 2021-. O Concello de Oleiros sacou a contratación a redacción do proxecto para a construción dun edificio multiusos para actividades deportivas e culturais en Bastiagueiro, nos terreos de propiedade municipal que hai na zona do estadio do INEF e da pista de skate. Este novo edificio tería unha capacidade de entre 1.500 e 2.000 persoas, para cubrir as actuais necesidades existentes no municipio dun recinto deste tipo para acoller espectáculos musicais, culturais e deportivos.