Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Tamén funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
Con motivo da celebración esta fin de semana das festas do Rosario de Dorneda, o Concello instalará Puntos Violeta as noites do venres 4 e sábado 5 de xullo, en horario de 23 a 3, co obxectivo de continuar traballando de maneira activa, como ven facendo ata agora, na prevención e na resposta ante posibles situacións de violencia sexual, LGTBIfobia ou calquera outra forma de violencia machista.