As novas marquesiñas colocaranse nas paradas do cemiterio de Dorneda, a farmacia de Arillo, na avenida Emilia Pardo Bazán, no Royal Palace (2, unha en cada marxe), na rúa do Traballo, na rúa Lavandeira, na avenida Che Guevara (antes da rotonda) e na entrada da urbanización O Bosque.
“O simpático disto é que a Xunta nolas entrega pero as colocamos nós, porque nolas dan sen montar. Eles ofrecen unha empresa que nos cobra 500 euros por montar cada unha, pero entendemos que o podemos facer nós directamente con persoal municipal”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.