Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello instala Puntos Arco Iris nos institutos para concienciar contra as violencias LGTBIfóbicas

Un ano máis, no marco da conmemoración do 17 de maio, Día Internacional contra a LGTBIfobia, a área de Igualdade do Concello de Oleiros está a desenvolver unha nova edición dos Puntos Arco Iris nos centros educativos do municipio.

O Día Internacional contra a LGTBIfobia conmemórase cada 17 de maio para lembrar a decisión da Organización Mundial da Saúde (OMS) de eliminar a homosexualidade da lista de enfermidades mentais no ano 1990, converténdose desde entón nunha data clave para reivindicar os dereitos das persoas LGTBIQA+ e visibilizar as violencias e discriminacións que aínda continúan presentes na sociedade.

A programación deste ano arrancou o mércores no IES Miraflores e continuou no IES María Casares. O vindeiro mércores o Punto Arco Iris instalaranse tamén no IES Neira Vilas. Ata o momento, participaron xa nas actividades un total de 175 persoas entre alumnado e profesorado dos dous centros educativos nos que se desenvolveu a iniciativa. Delas, 163 corresponden a alumnado e 12 a profesorado. 

Desde o Concello sinálase a importancia de xerar espazos educativos seguros e de coidado que permitan traballar a diversidade desde narrativas positivas, comunitarias e críticas fronte aos discursos de odio e ás diferentes formas de violencia que afectan ás persoas LGTBIQA+, especialmente entre a mocidade.
As actividades continuarán desenvolvéndose entre centros educativos do municipio ata finais do mes de maio. 

back link