Oleiros, 11 de novembro de 2020-. O Concello de Oleiros vén de rematar o proceso de instalación de desfibriladores cardíacos semiautomáticos, coñecidos como DESA, en todas as instalacións deportivas con gran afluencia de deportistas e público. Pasan a ser espazos cardioprotexidos os 4 complexos deportivos das piscinas municipais (Dorneda, Oleiros, Perillo e A Fábrica), os pavillóns deportivos de Valle Inclán, Rabadeira, Bastiaguerio, Santa Cruz e Canide; e os campos municipais de fútbol dos Regos, Icaria, Condús e Iñás.