Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello insiste na necesidade de ampliar a calzada e construír beirarrúas na estrada de Oleiros a Iñás

A estrada que vai desde Oleiros ata o polígono comercial de Iñás, de titularidade provincial, soporta cada vez un maior volume de tráfico. É por iso que o Concello solicitou á Deputación a urxente necesidade de ampliar a calzada e construír beirarrúas na marxe esquerda dirección Iñás (pola dereita xa existen).

O Concello tamén leva anos reclamando á Xunta de Galicia unhas conexións de buses para o polígono de Iñás acordes ás necesidades da cidadanía. Está previsto que nas próximas semanas se resolva esta e outras peticións relativas ao pésimo funcionamento do transporte público, nunha reunión que a Xunta anunciou que convocaría.
 

back link