Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello inicia tres novos obradoiros de Alfabetización Dixital para maiores de 65 anos

O Concello organiza entre outubro e decembro tres novos Obradoiros de Alfabetización Dixital dirixidos a persoas maiores de 65 anos, con niveis básico, medio e avanzado. O prazo de inscrición estará aberto dende o vindeiro martes 1 ata o domingo 6 e cada obradoiro contará con 12 sesións de dúas horas, co obxectivo de facilitar o uso das novas tecnoloxías e contribuír a reducir a fenda dixital. 

As persoas interesadas poden formalizar a súa participación chamando ao teléfono de atención veciñal 981 610 000, en horario de 16 a 19h. Tamén será posible realizar a inscrición a través da web municipal ata o domingo 6 ás 23h. O prezo será de 15 euros por persoa e obradoiro, cun máximo de 12 participantes en cada grupo.

A programación está pensada para adaptarse aos diferentes niveis de coñecemento das persoas participantes e ofrecerlles ferramentas prácticas para desenvolverse con maior autonomía no uso das tecnoloxías. Así, o nivel avanzado desenvolverase na Casa do Pobo de Montrove, os martes e xoves, do 6 de outubro ao 4 de decembro, en horario de 10 a 12h.

O nivel medio terá lugar no Centro Cívico de Santa Cruz, os mércores e xoves, do 7 de outubro ao 3 de decembro, tamén en horario de 10 a 12h. Por último, o nivel básico impartirase na Casa Echeverry de Perillo, os mércores e xoves, do 7 de outubro ao 3 de decembro, en horario de 18:30 a 20:30 h.

back link