Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello inicia os trámites de contratación da nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias

Oleiros, 17 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros iniciou os trámites de contratación da obra de adecuación das naves municipais de Iñás que albergarán a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. O prezo de licitación rolda os 300.000 euros.

Nos últimos anos realizáronse importantes investimentos neste servizo público, fundamental para garantir a seguridade cidadá. Ante o notable incremento de vehículos e demais medios técnicos, o actual recinto da avenida Rosalía de Castro resultaba insuficiente. A nova localización tamén permite uns tempos de resposta menores ao dispoñer de mellores conexións viarias para desprazarse ás diferentes localidades do municipio.

back link