Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello inaugura un monumento para homenaxear aos avós e avoas no paseo de Santa Cristina

 Oleiros, 27 de outubro de 2018-. Máis dun cento de veciños participaron esta mañá no acto de inauguración  da escultura en bronce coa que o Concello de Oleiros pretende homenaxear aos avós e ás avoas. O monumento quedou instalado no paseo da ría, en Perillo, á altura da entrada do parque José Martí.

 
O alcalde, Ángel García Seoane, destacou durante a súa intervención a importancia dos avós e das avoas nas familias, por todo canto aportan e aportaron en todos os sentidos. Unha avoa que presenciaba o acto foi a encargada de descubrir a placa conmemorativa da inauguración da escultura, obra de Miguel Couto.

 

back link