Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello imporá duras sancións aos responsables dos destrozos no parque das Galeras

Oleiros, 6 de maio de 2019-. O pasado domingo apareceron desfeitas as mesas que teñen os bancos incorporados que se atopan no parque das Galeras. Ante a gravidade dos feitos o Concello de Oleiros vai aplicar sancións exemplarizantes ás persoas que causaron os danos.

“Este tipo de actos vandálicos non poden permitirse. Ninguén ten dereito a atentar contra o patrimonio de todos os veciños e veciñas de Oleiros. Estas mesas atópanse nun lugar privilexiado, para que a xente coma ao aire libre e goce dunha zona fermosísima. Pero imos coller ás persoas que fixeron isto porque deixaron un montón de residuos, entre os que había papeis de compras de bebidas que se pagaron con tarxeta e que nos permitirá identificar ás persoas que estiveron alí”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

back link