Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello impartirá tres cursos para persoas desempregadas

Oleiros, 25 de maio de 2016-. O Concello de Oleiros impartirá tres cursos de formación para persoas en situación de desemprego, segundo confirmou a Consellería de Economía, Emprego e Industria. En total vanse beneficiar 45 persoas, 15 por curso, inscritas no servizo público de demandantes de emprego de Galicia. Os cursos concedidos formarán nos oficios de cociñeiro/a, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e montaxe e mantemento de instalacións solares técnicas.

Todos estes cursos permiten a obtención do certificado de profesionalidade de cada unha das ocupacións e teñen incluído un módulo de prácticas formativas en empresas. As datas de inicio varían, aínda que nos tres casos se atopan entre o 20 de xuño e o 8 de xullo. As persoas interesada pode poñerse en contacto co CMF Isaac Díaz Pardo, sito na rúa dos Regos, nos teléfonos 981 610 319 – 981 631 706 ou por correo electrónico no enderezo cmf@oleiros.org.
 

back link