Oleiros, 15 de xuño de 2018-. O Concello de Oleiros logrou un acordo coa familia López Calvo para destinar unha parcela de 2.000 metros cadrados ao estacionamento de vehículos durante o verán. O aparcadoiro entrará en servizo nos próximos días, tan pronto como rematen os traballos de ordenación da finca.
Este novo aparcadoiro público atópase na rúa Curros Enríquez, a escasos metros da praia de Mera. Está previsto que teña capacidade para uns 100 coches.