Oleiros, 21 de maio de 2021-. Segundo os datos facilitados no día de hoxe polo Sergas, a incidencia acumulada por 100.000 habitantes a 7 días sitúase en máis de 10 e menos de 25 casos. En canto aos casos acumulados en 14 días son 53, o que equivale a 145,07 por 100.000 habitantes.
Con eses datos, segundo os criterios establecidos, a Oleiros corresponderíalle o nivel medio-baixo (< de 75 casos por cen mil en 7 días e < de 150 casos en 14 días). O nivel alto, no que a Xunta mantén a Oleiros, vai de 125 a 250 casos por 100.000 habitantes en 7 días ou de 250 a 500 en 14 días.
“Vou reunirme cos meus compañeiros e compañeiras porque creo que deberíamos convocar unha concentración de protesta a próxima semana para denunciar esta situación. Son o primeiro que solicitaría todas as medidas que fixesen falta para frear a pandemia, pero non se pode atacar desta maneira tan inxusta á hostalería de Oleiros”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.