O progresivo deterioro das carpinterías exteriores está a provocar graves problemas no día a día do centro. Segundo o informe dos servizos técnicos municipais e as queixas reiteradas das familias e o equipo directivo, o mal estado das ventás provoca a entrada de auga os días de choiva e impide un illamento térmico mínimo.
O ensino é unha competencia autonómica e, tal e como fixa a lei, obras de carácter estrutural como estas correspóndenlle á Xunta de Galicia. O Concello está obrigado asumir os mantementos menores. Aínda así, para garantir o benestar dos nenos e nenas, execútanse continuamente distintas obras menores e de conservación a petición das direccións ou das ANPA.