Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello e o Inef continúan a colaborar no desenvolvemento do obradoiro Móvete+

 Oleiros, 19 de setembro de 2019-. A concellería de Servizos Sociais e  Igualdade do Concello de Oleiros e o Seminario de Estudos de Xénero e Ciencias da Actividade Física e o Deporte do INEF continúan a súa estreita colaboración e retoman o obradoiro Móvete+ que consiste nunha actividade física para mulleres que pasaron ou están a pasar por unha enfermidade oncolóxica. O fin desta actividade é contribuír a mellorar a calidade de vida destas mulleres a través da práctica dunha actividade física adaptada.

 
O Obradoiro Móvete+ vaise desenvolver, de outubro a decembro de 2019, nas instalacións da Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte (INEF). Haberá dous grupos, un de 10:30 a 12:00 horas e outro de 12:00 a 13:30 horas, no que poderán participar un máximo de 10 mulleres por grupo. As mulleres interesadas en participar poden falar co/a médico/a de referencia que valorarán a idoneidade ou non desta actividade.
 
Actividades similares dirixidas a mulleres foron postas en marcha no pasado entre ambas entidades, Concello de Oleiros e INEF, estando a día de hoxe consolidadas e cunha importante participación enmarcadas dentro do Plan de Igualdade de Oleiros.
back link