Oleiros, 15 de marzo de 2018-. Baixo o nome En Oleiros amamos a auga, o Concello de Oleiros distribuirá con motivo do Día Internacional da Auga que se celebra o 22 de marzo un libro sobre o ciclo da auga e a importancia que ten o seu uso e protección. A publicación será entregada a todo o alumnado dos centros públicos de secundaria e de 5º e 6º de primaria.
O libro, de 60 páxinas, é un manual didáctico moi ameno no que se informa sobre a auga, o servizo público, os seus beneficios, o ciclo hídrico e como se pode realizar un consumo responsable en diferentes ámbitos. Ademais da distribución deste libro levarase a cabo unha campaña de concienciación sobre este asunto.