Oleiros, 13 de xuño de 2019-. Os equipamentos deportivos públicos do Concello de Oleiros propician que cada vez sexan máis os e as oleirenses que logran importantes triunfos en competicións estatais e internacionais. Para axudalos, o Concello destinará 10.000 euros a subvencionar os gastos derivados da asistencia ás competicións, e que en moitos casos teñen que asumir os propios deportistas e as súas familias.
Poderán optar a esta subvención aqueles deportistas do Concello de Oleiros seleccionados para participar en eventos deportivos oficiais de carácter internacional, así como os que acudiran a campionatos de España ou campionatos oficiais de ámbito estatal e acadasen algún dos 3 primeiros postos -entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019-.
As persoas interesadas en percibir esta subvención deberán dirixirse ao Rexistro do Concello de Oleiros sito no centro cultural A Fábrica, rúa do Inglés, 13. O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de outubro.