Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello denuncia o incumprimento de R na instalación de fibra subvencionada polo Estado

 Oleiros, 10 de setembro de 2020-. A compañía de telecomunicacións R dispoñía dun contrato outorgado polo Estado para instalar fibra óptica en 16 núcleos do Concello de Oleiros. O prazo para executar este proxecto finalizaba en 2019, pero a día de hoxe, zonas contempladas nesa subvención como Maianca, Aguieira, A Xesta, Breixo e unha grande parte de Lorbé aínda non contan co servizo.

 
Requerida polo Concello, a empresa escúsase en que estas zonas tiña que combinalas con outra empresa de telecomunicacións, dado que tería que usar os postes da súa propiedade. A falta de entendemento entre estas empresas ten sen este importante servizo a estes núcleos urbanos de Oleiros.
 
O Concello de Oleiros demandará ante o Ministerio de Industria e o Ministerio de Transformación Dixital que obrigue á empresa a completar o contrato e que de non ser así proceda a sancionar á compañía e non lle outorgue novas subvencións nin contratos.
 
A outra empresa que está subvencionada para instalar fibra óptica  no municipio é Telefónica. Ten o compromiso, segundo o contrato, de subministrar o servizo nas zonas da Veiga e O Valiño en Nós, Aba, Dexo, Viñas de Babilonia en Santa Cruz e A Lagoa de Mera antes de que acabe o presente ano. Esta empresa tamén está subvencionada para levar a fibra no 2021 a Subiña, O Bosque, Cobo, O Rabuñeiro, Fornos e Canabal.
 
back link