Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello denuncia o abandono dos portos de Mera e Santa Cruz e solicita a súa cesión, previa

 Oleiros, 8 de marzo de 2021-. O alcalde, Ángel García Seoane, reuniuse esta mañá en Santiago coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para denunciar a situación de deterioro e abandono na que se atopan os portos de Santa Cruz e Mera. O alcalde demandou a cesión de ambas infraestruturas ao Concello, previa restauración completa por parte da Consellería, unha petición que trasladará oficialmente por escrito proximamente.

 
Os portos de Santa Cruz e Mera atópanse integrados nos paseos marítimos de ambas localidades e perderon o seu uso pesqueiro. Na actualidade son utilizados para diferentes actividades de ocio relacionadas co mar e para paseo de veciños e visitantes. 
 
Outro dos temas abordados polo alcalde neste encontro foi a finalización da vía Ártabra no acceso ao porto de Lorbé, pendente no seu último tramo de 200 metros da creación dun aparcadoiro. A conselleira informou que esta obra comezará proximamente e que tanto a Confraría de Pescadores como a depuradora de mariscos xa foron informadas desta actuación.
back link